28 setembro 2015

Preacordo e desconvocatoria de folga

Na reunión de hoxe da mesa negociadora do ERE, a empresa presentou o que definiu como a súa proposta final, que UGT e STC valoraron positivamente. Estes dous sindicatos suspenderon a folga durante o martes 29.
CCOO comunicou tamén a desconvocatoria para ese día por motivos diferentes.
Así pois, ningún dos tres sindicatos convocantes mantén a folga do martes.

Ese día o que haberá é asembleas en todas as sedes (en Vigo será ao mediodía, a unha hora por concretar), nas que se presentará o preacordo para que o cadro de persoal o valore.