15 febreiro 2009

Reunión de febreiro do Comité de Empresa



























Notificación de próximos traslados e despedimentos debidos á integración.


En datas recentes comunicóuselle verbalmente ás persoas afectadas pola integración en Vodafone da data prevista para o seu traslado ou despedimento. O Comité decidiu solicitar a RRHH que esa comunicación sexa por escrito e que, no caso de traslados, se expliquen, tamén por escrito, as axudas e condicións que a empresa lles ofrecerá.

Incremento do IPC na compensación por gardas e traballos programados.


RRHH confirmou verbalmente que se incrementará esta compensación co IPC, tal como está recollido no acordo sobre esta materia. Explicou tamén que están traballando en unificar as compensacións de Tele2 e Vodafone a partir de xullo de 2009.


Vén de Reunión de xaneiro do Comité de Empresa.


Continúa en Reunión de marzo entre o Comité e a empresa.


Malos cheiros en Bouzas e aire acondicionado no Datacenter.


Decídese pedirlle a RRHH que proceda sen máis dilación á encargar a revisión das canalizacións de augas fecais en Bouzas, na que debe actuar a Zona Franca en colaboración con outra empresa pola que pasa a arqueta a revisar.

En canto ao sistema de aire acondicionado no Data Center, a empresa está pendente do resultado dun informe para decidir como actuar. Para a reparación das ventás, actualmente en moi mal estado, non hai prazo previsto.


Ver tamén Reunión de xaneiro do Comité de Empresa.

Recollida selectiva do lixo.


A empresa xa se puxo en contacto coa empresa de limpeza para que non se mesturen os residuos, ademais de facer un comunicado ao cadro de persoal explicando o uso correcto dos distintos tipos de colectores que hai nas oficinas.


Ver tamén Reunión de xaneiro do Comité de Empresa.

Performance Dialogue.


Insísteselle a RRHH que continúa a haber problemas coa aplicación na que se debe rexistrar, e que algunhas persoas aínda non coñecen os seus obxectivos.


Ver tamén Reunión de xaneiro do Comité de Empresa.