25 setembro 2015

Folga e axenda de actos contra o ERE

Os días 28, 29, e 30 de setembro está convocada una folga en toda a empresa, á que a CIG se suma co obxectivo de parar este ERE.

O luns 28, en Vigo terá lugar unha manifestación que sairá da tenda da Gran Vía. Ás 11:30 reunirémonos diante da tenda para saír ás 12:00 por Urzaiz ata o MARCO, onde nos concentraremos.

Ese mesmo día pola mañá, no Pleno do Concello de Vigo vaise tratar a posibilidade de que saia unha declaración institucional apoiando as nosas reivindicacións.
Cando se saiba a hora, comunicarase.

O martes 29, segundo día de folga, está convocada unha concentración ás 10:00 en Compostela diante do Parlamento de Galicia (Rúa do Hórreo, 63).

O martes tamén se celebrarían asembleas en todas as sedes (fóra das oficinas, pois durante a folga non se poden facer dentro) para informar sobre o estado das negociacións, que rematan o día seguinte. Informarase da hora cando se concrete.

Permanece atento ás novidades que poidan xurdir durante eses días.
Non te cruces de brazos mentres deciden o teu futuro. Participa!