23 novembro 2009

Lotería do nadal 2009


Este ano tamén temos lotería do nadal para ofrecer. Ata o venres 11 de decembro podes solicitarlla a calquera membro da CIG. Xógase un euro por cada un dos dous números que hai en cada rifa: 43.273 e 31.290.


Cursos Forga 2009-2010

Xa tés dispoñible na Web de Forga o listado de cursos correspondentes á formación presencial de 2009-2010. Consulta a ligazón que hai en OFERTA ABERTA: FORMACIÓN PRESENCIAL INTERSECTORIAL OFERTADA 2009-2010.
Estes cursos son gratuítos e nesta web podes consultar as datas previstas para cada un. O único que non se especifica son as cidades nas que se impartirán; se estás interesado/a fai a solicitude, porque se organizarán en Vigo dependendo da demanda.


25 outubro 2009

Remate periodo de integración, gardas, e outros temas

O 14 de outubro o Comité de Empresa reuniuse para preparar unha reunión que mantivo con RRHH o 22 deste mesmo mes, na que se trataron estes temas:
















































Balance da integración.


Este mes conclúe o periodo de integración de Tele2 en Vodafone, e o balance do número de persoas afectadas en Vigo pódese resumir deste xeito:








































despedimentosprevistosreais
efecto inmediato77
en 3 meses22
en máis de 3 meses119
Totais2018



Finalmente, canceláronse 2 despedimentos e dos 18 reais hai dous aínda sen executar porque foron prorrogados. Entre as 18 persoas afectadas atópanse 4 responsables.









































trasladosprevistosreais
efecto inmediato00
en 3 meses22
en máis de 3 meses1610
Totais1812



Finalmente, canceláronse 6 traslados e dos 12 reais hai un aínda sen executar porque foi prorrogado. Un dos traslados previstos foi rechazado polo traballador e converteuse en despedimento.





Entradas anteriores relacionadas: Reunión de febreiro do Comité de Empresa.




Gardas.


Actualmente quedan tres departamentos en Vigo que fan gardas co sistema de Tele2:


Broadband: O grupo de Operacións e Mantemento pasará a traballar a quendas (de 7:00 a 15:00, ou 14:00 a 22:00 hs), ao igual que fan os seus homólogos da rede móbil, e nese momento o seu sistema de gardas poderá adaptarse ao modelo Vodafone.


Sistemas: O primeiro nivel de incidencias vaise externalizar, sen que iso afecte aos postos de traballo actuais nin conleve a desaparición das gardas, que non se adaptarán ao modelo Vodafone antes de que se implante a dita externalización.


Operacións de Vendas (Provisión Gran Conta e Mantemento Gran Conta): Aínda non está definido o modelo de gardas que se pretende implatar nestes grupos.



Servizo médico.


Expuxéronselle á empresa as queixas manifestadas polas persoas que fixeron o recoñecemento médico respecto ás deficientes condicións da clínica e das probas do recoñecemento deste ano. RRHH promete adoptar medidas.



Traslados previstos.


Os movementos de persoal entre as oficinas do Datacenter, Bouzas II (antiga Tele2), e Bouzas I (as orixinais de Vodafone) pensan executarse desta maneira:



  1. No actual periodo transitorio, Broadband trasládase a Bouzas II, as persoas da UNE de Bouzas II pasan a Bouzas I, e as da UNPAR a Bouzas II.

  2. No escenario final preténdese unificar os grupos de "Operación" e de "Enxeñería e Planificación" (ambos de Broadband) en Bouzas I, as Unidades de Negocio en Bouzas II, e deixar Operacións de Vendas en Bouzas II.


Os prazos para a execución das obras nas oficinas de Bouzas I aínda non se poden concretar, xa que o Concello aínda non deu a licenza para que se inicien.



Entradas anteriores relacionadas: Volta do verán.



Postos de risco.


Solicítaselle á empresa formación e material de protección para os dous postos de risco existentes actualmente no Datacenter.






29 setembro 2009

O dereito ás vacacións persiste mesmo estando de baixa



O Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas (TXCE) resolveu na sentenza do 20 de xaneiro de 2009 (asuntos acumulados C-350/06 e C-520/06):

  1. O dereito a vacacións persiste unha vez finalizado o ano civil, sempre e cando o traballador/a non puidese exercitalo porque estivo de baixa por enfermidade durante todo ese tempo ou parte del. Isto sería igualmente aplicable ás traballadoras en situación de baixa por maternidade.

  2. En caso de extinción da relación laboral, deben compensarse economicamente as vacacións anuais non gozadas se o traballador/a non exercitou o dereito por estar de baixa médica ata a finalización do seu contrato e durante o período de reporte ou prórroga. A compensación consistirá na retribución ordinaria que cobraría o traballador/a en caso de exercer o seu dereito a vacacións.


Aínda que a sentenza non o di expresamente, enténdese que a regra xeral é que, nestes supostos, as vacacións serán gozadas unha vez finalizada a licenza por enfermidade. Só cabe a compensación económica en caso de que a relación laboral se extinga.

A sentenza do TXCE resulta vinculante para os órganos xudiciais estatais.















Sentenza en Galiza


Unha das primeiras sentenzas en Galiza foi ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, e recoñocía o dereito dunha traballadora do hospital San Rafael a gozar das vacacións logo dunha baixa por incapacidade temporal.


O calendario establecido polo Instituto Médico Cirúrxico San Rafael asignaba dous periodos de vacacións de 15 días á traballadora afectada, que ían do 1 ao 15 de xuño e do 17 ao 30 de agosto de 2009. Non obstante, a traballadora permaneceu de baixa por incapacidade temporal dende outubro de 2008 ata finais de xullo de 2009, non podendo gozar deste xeito da metade dos días de vacacións que lle correspondían. No momento de incorporarse á súa actividade solicitou un novo periodo de vacacións, petición que a empresa se negou a outorgar e pola cal se iniciou unha demanda no Xulgado do Social, que finalmente recoñece o dereito da traballadora.


A sentenza establece que "non se pode negar -como se pretende facer por parte da empresa- que á actora lle restan quince días de vacacións por gozar, tendo en conta que a quincena fixada inicialmente era de imposible goce, xa que se atopaba de baixa".


Agora, a empresa terá que conceder un novo periodo de vacacións á traballadora, fixado neste caso pola xuíza para a segunda quincena do mes de outubro.








24 setembro 2009

Volta do verán

En setembro o Comité de Empresa de Vigo retomou o ritmo previo ao verán e mantivo unha reunión na que os temas máis importantes que se trataron foron estes:

















Traslado do Departamento Técnico a Bouzas.


Durante uns meses ocuparán a zona ata agora dedicada a Financeiro na primeira planta das oficinas de Bouzas, para posteriormente pasaren á nave de ao lado.








Médico nas oficinas de Bouzas.


RRHH confirma que mentres non rematen as obras para acondicionar as oficinas de ao lado non se habilitará o servizo médico en Bouzas. O prazo previsto é duns catro meses dende que o Concello conceda o permiso para executalas, o que podería tardar un par de meses.






03 xuño 2009

Chega o verán: aire acondicionado e xornada continua

O 20 de maio o Comité de Empresa reuniuse con RRHH para tratar estes temas:
























Situación do aire acondicionado nas oficinas de Bouzas e Datacenter.


Bouzas: das seis máquinas existentes, catro xa están reparadas e as dúas restantes espérase que se poidan recuperar.


Datacenter: as máquinas instaladas non dan abasto para todas as saídas de aire existentes. Estase buscando unha solución para que en xuño o funcionamente sexa aceptable.



Xornada continua.


Días compensatorios para persoas con xornada reducida: no 485 xa están dando resposta a todas as consultas que reciben. Na inmensa maioría dos casos a compensación é de 4 días.


A quen afecta a xornada continua: a xornada continua será de aplicación para todo o cadro de persoal, con excepción das persoas que desempeñen as seguintes funcións:




  • Vendas.

  • Apoio a Vendas: de xeito rotatorio iranse asumindo semanas con horario partido, que terán a compensación proporcional que lle corresponda, e outras semanas con xornada continua.

  • Gardas en Xestión de Clientes, Sistemas, e Tecnoloxía: algunas persoas terán que estar dispoñibles ("On Call") ao teléfono para atender urxencias, coas compensacións establecidas no convenio.






27 abril 2009

Manifestación 1º de Maio

Día internacional da clase traballadora
Polo emprego, dereitos e prestacións sociais

Manifestación da CIG en Vigo
ás 12h dende o cruce da Doblada




22 abril 2009

Graos de parentesco

Táboa cos distintos graos de parentesco por consanguinidade (familia natural) e afinidade (familia política):





































graoconsanguinidade (traballador/a)afinidade (cónxuxe)
pais, fillossogros, xenro/nora
avós, irmáns, netosavós do cónxuxe, cuñados, netos do cónxuxe
bisavós, tíos, sobriños, bisnetosbisavós do cónxuxe, tíos do cónxuxe, sobriños do cónxuxe, bisnetos do cónxuxe
curmánscurmáns do cónxuxe




31 marzo 2009

Reunión de marzo entre o Comité e a empresa

No mes de marzo o Comité de Empresa decidiu solicitar unha reunión a RRHH para discutir os temas que se expoñen a continuación. A reunión tivo lugar o luns 30-03-2009.













































Traslados a Madrid de persoas non incluídas na lista de afectadas pola integración.


A empresa ofreceulle un traslado a Madrid a tres persoas que non estaban incluídas na lista das afectadas pola integración de Tele2 en Vodafone.


O Comité expuxo que se daba por suposto que non habería máis persoas afectadas que aquelas das que no seu momento se deu conta ao Comité, e que foron informadas da súa situación no momento da integración.


A empresa alega que estas tres persoas afectadas non contempladas no primeiro momento é unha cifra moi baixa e non estaba prevista, igual que non estaba previsto que algúns traslados considerados ao principio finalmente se cancelasen. Afirma, ademais, que se trata de traslados voluntarios.


O Comité explicou que, atendendo á definición que aparece no convenio, estes traslados son forzosos, xa que son propostos pola empresa:


  • FORZOSO.- Entendemos por tal aquel que vén imposto pola Dirección da Compañía, por razóns económicas, técnicas, organizativas ou de produción, e supón, con carácter xeral, a amortización do posto de traballo de orixe.
  • VOLUNTARIO.- É aquel solicitado directamente polo empregado, xa sexa de forma directa por interese persoal, xa por concorrer á cobertura dunha vacante cuxo posto supón o traslado.

A empresa replica que se poden considerar voluntarios porque no caso de non seren aceptados non terían consecuencia para a persoa afectada, xa que podería seguir en Vigo nun posto de igual categoría e de características semellantes ao actual.



Á pregunta do Comité sobre posibles novos traslados deste tipo, a empresa responde que non espera que haxa novos casos, pero que a situación económica actual pode requirir cambios organizativos para adaptarse ao mercado. Solicítaselle que se eviten no posible, e que de producírense, se informe ao Comité, algo que non se fixo nesta ocasión.



Respecto ás axudas que a empresa concede aos traslados, o convenio especifica que estas non se aplican cando o traslado implique volver á residencia habitual (aquela na que residía cando asinou o primeiro contrato coa empresa). Nestes casos só se aboaría o custo da mudanza.


Mesmo así, a empresa confirma que as persoas que volven a Madrid nesta ocasión van recibir unha axuda adicional ao custo da mudanza, aínda que nunha contía menor á disposta no convenio.



Tamén queda aclarado que unha persoa que viñese de Madrid a Vigo sen ter percibido axuda vivenda, no caso de ter que trasladarse de novo a Madrid si que recibiría íntegra a axuda establecida no convenio.




















Incremento do IPC na compensación por gardas e traballos programados.


O acordo sobre gardas e traballos programados en vigor dende setembro de 2007 especifica no seu último punto:



"As compensacións actualizaríanse anualmente conforme ao IPC con efectos do 1º de xaneiro de cada ano."



O Comité expúxolle isto á empresa, mostrando a súa queixa porque as compensacións continúan cos valores do ano pasado. No acordo de integración establécese que mentres os sistemas de gardas de Tele2 e de Vodafone se manteñan independentes as súas retribucións seguirán o establecido en cada caso, é dicir, que as de Tele2 seguirán o acordo mencionado ao inicio.



A empresa entende que a actualización destas compensacións debe tratarse como os salarios, revisándose no mes de xullo conforme ao artigo 11 do convenio, que di:



"COMPLEMENTOS POR POSTO DE TRABALLO PARA O EXERCICIO XULLO 2008 A XUÑO 2009.


Establécese unha revisión dos pluses para este ano dun 2,5% sobre as cantidades que se aplican no momento da sinatura. Para os anos sucesivos, as partes negociarán no seu caso a actualización e revisión destes pluses, garantíndose como mínimo un incremento dun 2,5% sobre os valores do ano anterior."



A CIG segue mantendo que o recollido no acordo de integración é que as actualizacións dos pluses seguirán o acordo de Tele2, non o convenio de Vodafone, pero considera que o incremento do 2,5% en xullo equivale na práctica á suba do IPC (o 1,4%) dende xaneiro. Se no próximo ano se mantivesen sistemas de gardas independentes, a aplicación do convenio podería ser máis beneficiosa cá do IPC.



Vén de Reunión de febreiro do Comité de Empresa.


















Pagamento compartido nas consultas médicas en Adeslas.


Adeslas está cobrando unha cantidade simbólica por cada consulta a familiares de empregados/as adscritos ao seguro médico, un sistema denominado de copago. Para empregados/as as consultas son gratis.



As dúbidas que se nos trasladaron respecto a se o copago se empezaría a aplicar tamén a empregados/as quedou resolta por RRHH nesta reunión, pois confirmaron que o copago seguirá aplicándose só a familiares.



















Departamentos con xornada de verán.


O Comité consultoulle á empresa se hai algún departamento en Vigo que non vaia seguir o horario de xornada continua no verán.


A falta de confirmación, RRHH adianta que a xornada continua debería ser de aplicación para todo o centro de Vigo agás para aquelas persoas que traballen en postos relacionados con Vendas (Prevenda, Venda Directa, Soporte a Vendas, ...). A decisión final debería de coñecerse a finais de maio.



Aclaracións sobre a xornada continua:



  • As persoas que non poidan gozalas, terán 4 días libres como compensación, que se solicitarán como "permiso compensatorio" na intranet, en días posteriores ao 1 de outubro e unha vez consumidos todos os días de vacacións. O horario destas persoas será o estándar durante todo o ano.
  • A axuda de cheques de comida non se recibe nos 3 meses de verán aínda que non se faga xornada continua.
  • As persoas con redución de xornada por maternidade que fagan xornada continua teñen dereito a días compensatorios en proporción á duración efectiva da súa xornada laboral. Para coñecer os días que lle corresponden, deben pórse en contacto co 485.




15 febreiro 2009

Reunión de febreiro do Comité de Empresa



























Notificación de próximos traslados e despedimentos debidos á integración.


En datas recentes comunicóuselle verbalmente ás persoas afectadas pola integración en Vodafone da data prevista para o seu traslado ou despedimento. O Comité decidiu solicitar a RRHH que esa comunicación sexa por escrito e que, no caso de traslados, se expliquen, tamén por escrito, as axudas e condicións que a empresa lles ofrecerá.

Incremento do IPC na compensación por gardas e traballos programados.


RRHH confirmou verbalmente que se incrementará esta compensación co IPC, tal como está recollido no acordo sobre esta materia. Explicou tamén que están traballando en unificar as compensacións de Tele2 e Vodafone a partir de xullo de 2009.


Vén de Reunión de xaneiro do Comité de Empresa.


Continúa en Reunión de marzo entre o Comité e a empresa.


Malos cheiros en Bouzas e aire acondicionado no Datacenter.


Decídese pedirlle a RRHH que proceda sen máis dilación á encargar a revisión das canalizacións de augas fecais en Bouzas, na que debe actuar a Zona Franca en colaboración con outra empresa pola que pasa a arqueta a revisar.

En canto ao sistema de aire acondicionado no Data Center, a empresa está pendente do resultado dun informe para decidir como actuar. Para a reparación das ventás, actualmente en moi mal estado, non hai prazo previsto.


Ver tamén Reunión de xaneiro do Comité de Empresa.

Recollida selectiva do lixo.


A empresa xa se puxo en contacto coa empresa de limpeza para que non se mesturen os residuos, ademais de facer un comunicado ao cadro de persoal explicando o uso correcto dos distintos tipos de colectores que hai nas oficinas.


Ver tamén Reunión de xaneiro do Comité de Empresa.

Performance Dialogue.


Insísteselle a RRHH que continúa a haber problemas coa aplicación na que se debe rexistrar, e que algunhas persoas aínda non coñecen os seus obxectivos.


Ver tamén Reunión de xaneiro do Comité de Empresa.


25 xaneiro 2009

Reunión de xaneiro do Comité de Empresa

Temas tratados na reunión, mantida o día 14-01-2009:































Confirmación de que as gardas se actualizan co IPC.


O Comité decide solicitar a RRHH que confirme que a remuneración das gardas e traballos programados que se continúan facendo coas mesmas condicións que en Tele2 se actualicen co IPC acumulado de 2008, tal como recolle o acordo en vigor dende setembro de 2007.


Isto debería plasmarse na nómina de febreiro de 2009, na que se cobrarán as gardas e traballos levados a cabo durante xaneiro.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.



Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral coa empresa.


Na última reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral decidiuse que as súas funcións sexan asumidas directamente polo Comité de Empresa, que trasladará todas as cuestións relativas á seguridade e saúde laboral a RRHH e participará nas reunións, habitualmente trimestrais, que a empresa convoca para as ditas cuestións no ámbito da rexión Noroeste. Como primeira medida, o Comité de Empresa solicita a RRHH unha reunión para tratar os seguintes temas:




  • Malos cheiros nas oficinas de Bouzas por problemas na canalización de augas fecais.

  • Situación do aire acondicionado, calefacción, e ventilación nas oficinas do Datacenter e de Bouzas.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.




Recollida selectiva do lixo.


Solicítaselle a RRHH que faga unha comunicación ao cadro de persoal na que explique o uso dos distintos tipos de colectores para o lixo que hai nas oficinas, para que a separación sexa correcta. Tamén se pide a comprobación de que o servizo de limpeza deposita de forma separada os residuos recollidos nas oficinas.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.



Persoas sen seguro médico.


A situación debería estar normalizada despois de que se lle aplicase a cobertura do seguro con efectos do 1 de xaneiro a persoas que non a tiñan. Se alguén continúa sen seguro médico, recomendamos que nolo faga saber.



Performance Dialogue.


Fáiselle saber a RRHH que algúns grupos teñen pendente o Performance Dialogue, de maneira que aínda descoñecen os seus obxectivos.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.



Cálculo da retención por IRPF nas nóminas de 2008

RRHH informou ao Comité que se aplicaron correctamente as retencións do IRPF así como a deducción dos 400 euros de xuño a decembro de 2008.
Recomendámosche que calcules a retención que che corresponde coa axuda do programa Retencións IRPF 2008 (2º semestre) que podes descargar da web da Axencia Tributaria, introducindo as túas condicións persoais, xunto co teu salario bruto anual (a cubrir en "Retribucións totais anuais") e o total anual das retencións de Seguridade Social (a cubrir en "Gastos deducibles"). Este programa xa ten en conta a deducción dos 400 euros.
Se o resultado obtido é moi diferente á suma das retencións por IRPF das túas nóminas de 2008, reclama a Red Online e fáinolo saber.



Tema tratado previamente nas entradas Estado do traballo no Comité de Empresa e Actualización dos temas pendentes con RRHH.

Calendario laboral 2009


Xa está dispoñible o calendario na intranet, de maneira que para solicitar vacacións ou calquera outro permiso en Red Online xa aparecen os festivos de Vigo. Tamén o podes consultar neste documento deste blog.




Tema tratado previamente nas entradas Estado do traballo no Comité de Empresa e Actualización dos temas pendentes con RRHH.

Importe dos cheques de comida


A empresa confirmoulle ao Comité de Empresa que o importe dos cheques corresponde a un total de 8 meses e medio (7,81 €/día x 4 días/semana x 4 semanas/mes x 8,5 meses = 1.062,16 €), que non coincide exactamente cos 1.058,73 € recibidos, pero aproxímaselle bastante.



Tema tratado previamente nas entradas Estado do traballo no Comité de Empresa e Actualización dos temas pendentes con RRHH.