25 setembro 2015

Non ao ERE en Vodafone

O 1 de setembro Vodafone convocou aos sindicatos para negociar un ERE co que intenta despedir a 492 persoas en Vodafone (un 13,1% do persoal) e 805 en Ono. En Vigo, a afectación é superior á media.

A empresa pretende xustificar o despedimento colectivo con causas económicas, produtivas, e organizativas, estas últimas como consecuencia da compra de Ono.

Os continuos recortes en gastos de persoal (conxelación salarial, ERE temporal en 2012, ERE extintivo no 2013) parecen non ser nunca suficientes para unha empresa que non quere entender que é esa xente da que se quere desfacer sen miramentos a que saca o traballo adiante para podermos ser competitivos.
Non sobra xente, sobran decisións equivocadas, e este ERE é a peor delas.

Non te resignes nin penses que isto non vai contigo. Vai contigo e cos demais.
Participa nas protestas convocadas.