25 outubro 2009

Remate periodo de integración, gardas, e outros temas

O 14 de outubro o Comité de Empresa reuniuse para preparar unha reunión que mantivo con RRHH o 22 deste mesmo mes, na que se trataron estes temas:
















































Balance da integración.


Este mes conclúe o periodo de integración de Tele2 en Vodafone, e o balance do número de persoas afectadas en Vigo pódese resumir deste xeito:








































despedimentosprevistosreais
efecto inmediato77
en 3 meses22
en máis de 3 meses119
Totais2018



Finalmente, canceláronse 2 despedimentos e dos 18 reais hai dous aínda sen executar porque foron prorrogados. Entre as 18 persoas afectadas atópanse 4 responsables.









































trasladosprevistosreais
efecto inmediato00
en 3 meses22
en máis de 3 meses1610
Totais1812



Finalmente, canceláronse 6 traslados e dos 12 reais hai un aínda sen executar porque foi prorrogado. Un dos traslados previstos foi rechazado polo traballador e converteuse en despedimento.





Entradas anteriores relacionadas: Reunión de febreiro do Comité de Empresa.




Gardas.


Actualmente quedan tres departamentos en Vigo que fan gardas co sistema de Tele2:


Broadband: O grupo de Operacións e Mantemento pasará a traballar a quendas (de 7:00 a 15:00, ou 14:00 a 22:00 hs), ao igual que fan os seus homólogos da rede móbil, e nese momento o seu sistema de gardas poderá adaptarse ao modelo Vodafone.


Sistemas: O primeiro nivel de incidencias vaise externalizar, sen que iso afecte aos postos de traballo actuais nin conleve a desaparición das gardas, que non se adaptarán ao modelo Vodafone antes de que se implante a dita externalización.


Operacións de Vendas (Provisión Gran Conta e Mantemento Gran Conta): Aínda non está definido o modelo de gardas que se pretende implatar nestes grupos.



Servizo médico.


Expuxéronselle á empresa as queixas manifestadas polas persoas que fixeron o recoñecemento médico respecto ás deficientes condicións da clínica e das probas do recoñecemento deste ano. RRHH promete adoptar medidas.



Traslados previstos.


Os movementos de persoal entre as oficinas do Datacenter, Bouzas II (antiga Tele2), e Bouzas I (as orixinais de Vodafone) pensan executarse desta maneira:



  1. No actual periodo transitorio, Broadband trasládase a Bouzas II, as persoas da UNE de Bouzas II pasan a Bouzas I, e as da UNPAR a Bouzas II.

  2. No escenario final preténdese unificar os grupos de "Operación" e de "Enxeñería e Planificación" (ambos de Broadband) en Bouzas I, as Unidades de Negocio en Bouzas II, e deixar Operacións de Vendas en Bouzas II.


Os prazos para a execución das obras nas oficinas de Bouzas I aínda non se poden concretar, xa que o Concello aínda non deu a licenza para que se inicien.



Entradas anteriores relacionadas: Volta do verán.



Postos de risco.


Solicítaselle á empresa formación e material de protección para os dous postos de risco existentes actualmente no Datacenter.