25 xaneiro 2009

Reunión de xaneiro do Comité de Empresa

Temas tratados na reunión, mantida o día 14-01-2009:































Confirmación de que as gardas se actualizan co IPC.


O Comité decide solicitar a RRHH que confirme que a remuneración das gardas e traballos programados que se continúan facendo coas mesmas condicións que en Tele2 se actualicen co IPC acumulado de 2008, tal como recolle o acordo en vigor dende setembro de 2007.


Isto debería plasmarse na nómina de febreiro de 2009, na que se cobrarán as gardas e traballos levados a cabo durante xaneiro.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.



Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral coa empresa.


Na última reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral decidiuse que as súas funcións sexan asumidas directamente polo Comité de Empresa, que trasladará todas as cuestións relativas á seguridade e saúde laboral a RRHH e participará nas reunións, habitualmente trimestrais, que a empresa convoca para as ditas cuestións no ámbito da rexión Noroeste. Como primeira medida, o Comité de Empresa solicita a RRHH unha reunión para tratar os seguintes temas:




  • Malos cheiros nas oficinas de Bouzas por problemas na canalización de augas fecais.

  • Situación do aire acondicionado, calefacción, e ventilación nas oficinas do Datacenter e de Bouzas.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.




Recollida selectiva do lixo.


Solicítaselle a RRHH que faga unha comunicación ao cadro de persoal na que explique o uso dos distintos tipos de colectores para o lixo que hai nas oficinas, para que a separación sexa correcta. Tamén se pide a comprobación de que o servizo de limpeza deposita de forma separada os residuos recollidos nas oficinas.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.



Persoas sen seguro médico.


A situación debería estar normalizada despois de que se lle aplicase a cobertura do seguro con efectos do 1 de xaneiro a persoas que non a tiñan. Se alguén continúa sen seguro médico, recomendamos que nolo faga saber.



Performance Dialogue.


Fáiselle saber a RRHH que algúns grupos teñen pendente o Performance Dialogue, de maneira que aínda descoñecen os seus obxectivos.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.



Cálculo da retención por IRPF nas nóminas de 2008

RRHH informou ao Comité que se aplicaron correctamente as retencións do IRPF así como a deducción dos 400 euros de xuño a decembro de 2008.
Recomendámosche que calcules a retención que che corresponde coa axuda do programa Retencións IRPF 2008 (2º semestre) que podes descargar da web da Axencia Tributaria, introducindo as túas condicións persoais, xunto co teu salario bruto anual (a cubrir en "Retribucións totais anuais") e o total anual das retencións de Seguridade Social (a cubrir en "Gastos deducibles"). Este programa xa ten en conta a deducción dos 400 euros.
Se o resultado obtido é moi diferente á suma das retencións por IRPF das túas nóminas de 2008, reclama a Red Online e fáinolo saber.



Tema tratado previamente nas entradas Estado do traballo no Comité de Empresa e Actualización dos temas pendentes con RRHH.

Calendario laboral 2009


Xa está dispoñible o calendario na intranet, de maneira que para solicitar vacacións ou calquera outro permiso en Red Online xa aparecen os festivos de Vigo. Tamén o podes consultar neste documento deste blog.




Tema tratado previamente nas entradas Estado do traballo no Comité de Empresa e Actualización dos temas pendentes con RRHH.

Importe dos cheques de comida


A empresa confirmoulle ao Comité de Empresa que o importe dos cheques corresponde a un total de 8 meses e medio (7,81 €/día x 4 días/semana x 4 semanas/mes x 8,5 meses = 1.062,16 €), que non coincide exactamente cos 1.058,73 € recibidos, pero aproxímaselle bastante.



Tema tratado previamente nas entradas Estado do traballo no Comité de Empresa e Actualización dos temas pendentes con RRHH.