22 marzo 2012

O que che interesa saber sobre a reforma laboral (2ª parte e derradeira)

Esta segunda entrada sobre as consecuencias da reforma laboral explica os aspectos non directamente relacionados co despedimento:

  • Contratación
  • Flexibilidade interna e negociación colectiva


Contratación

Flexibilización total na contratación de menores de 30 anos (contrato de "apoio a emprendedores")
As empresas con menos de 50 persoas empregadas (a inmensa maioría) dispoñen agora dun contrato indefinido para menores de 30 anos, cun periodo de proba de 1 ano, durante o cal a persoa contratada pode ser despedida sen motivo ningún e sen indemnización. Este tipo de contratación favorécese dunha forte bonificación fiscal.
Ata agora, o periodo de proba duraba un máximo de 6 ou 2 meses, segundo se tratase dunha persoa con ou sen titulación, respectivamente.

Ademais, se a persoa contratada estaba cobrando prestación por desemprego, a empresa terá dereito a unha dedución fiscal do 50% da prestación que teña pendente de recibir o traballador/a. Iso favorece a contratación destas persoas fronte ás que non teñen dereito á prestación por desemprego ou a esgotaron.

Ampliación do periodo de aprendizaxe
Refórmase o contrato para a formación e aprendizaxe, pasando de 25 a 30 anos a idade máxima para ter acceso a este tipo de contrato, que agora pode ter unha duración máxima de 3 anos en vez de 2.
Pódense encadear contratos deste tipo con tal de que sexan para actividades laborais teoricamente distintas na mesma ou en distintas empresas, etenizando así a etapa de aprendizaxe.

Parados facendo traballos sociais sen cobrar
A reforma permite que persoas que cobren a prestación por desemprego fagan traballos sociais sen compensación económica. Así, a Administración podería substituír persoal laboral por parados.

ETTs como axencias de colocación
As empresas de traballo temporal poderán actuar como axencias privadas de colocación.


Flexibilidade interna e negociación colectiva

Flexibilidade interna
Facilítase que as empresas poidan baixar os salarios, ampliar a xornada, modificar horarios e a distribución da xornada de traballo, aplicar mobilidades funcionais e traslados. Iso é así porque as esixencias para xustificar esas modificacións son agora máis permisivas.

Prevalencia dos convenios de empresa fronte aos de sector
Permítese que o convenio de empresa empeore as condicións salariais e de traballo establecidas en convenios de ámbito superior (sectorial, provincial, autonómico, ou estatal), algo que antes non era posible.

Limitación a dous anos da ultraactividade dos convenios
Antes da reforma, cando remataba o periodo de vixencia dun convenio, seguía en vigor mentres non se pactase un novo que o substituíse; esta ampliación de vixencia é o que se denomina ultraactividade. Agora, a ultraactividade limítase a dous anos, tras os cales, se non hai pacto en contra, pasa a ser de aplicación o convenio aplicable de ámbito superior e, se non o hai, o Estatuto dos Traballadores.

Facilidades para o descolgue dos convenios
Por se as anteriores medidas sobre a negociación colectiva non eran suficientes, resulta que as empresas poden descolgarse de calquera convenio aplicable, é dicir, deixar de aplicalo. Antes da reforma era posible o descolgue de convenios de ámbito superior aos de empresa, pero agora xa o poden facer tamén destes últimos.

Para descolgarse dun convenio, a empresa ten que xustificalo con causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción. Son as mesmas causas que xustifican os despedimentos obxectivos, con esta excepción: para o descolgue é suficiente unha diminución de ingresos ou vendas durante dous trimestres consecutivos (para o despedimento obxectivo son tres trimestres consecutivos).

Cando a empresa quere dar este paso, pode forzar a que se acade un acordo ou se remate nunha arbitraxe, que acabaría en última instancia na Comisión Consultiva de Convenios, entidade de ámbito autonómico e de composición tripartita: sindicatos, patronal e Administración, sendo esta última quen inclinaría a balanza.




Para botar atrás esta brutal agresión á clase traballadora só queda un camiño: a loita organizada.
O 29 de marzo súmate á folga xeral 


e participa na manifestación da CIG ese mesmo día ás 12 no cruce da Doblada.
Non esquezas traer contigo o optimismo. Velaquí os nosos veciños dando exemplo:


Por vezes dás contigo desanimado
Por vezes dás contigo a desconfiar
Por vezes dás contigo sobressaltado
Por vezes dás contigo a desesperar

De noite ou de dia, a luta é alegria
E o povo avança é na rua a gritar

De pouco vale o cinto sempre apertado
De pouco vale andar a lamuriar
De pouco vale um ar sempre carregado
De pouco vale a raiva para te ajudar

De noite ou de dia, a luta é alegria
E o povo avança é na rua a gritar

E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino
E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino
Vem celebrar esta situação e vamos cantar contra a reacção
Vem celebrar esta situação e vamos cantar contra a reacção

E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino
E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino

Não falta quem te avise «toma cuidado»
Não falta quem te queira mandar calar
Não falta quem te deixe ressabiado
Não falta quem te venda o próprio ar

De noite ou de dia, a luta é alegria
E o povo avança é na rua a gritar

E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino
E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino

Vem celebrar esta situação e vamos cantar contra a reacção
Vem celebrar esta situação e vamos cantar contra a reacção
Vem celebrar esta situação e vamos cantar contra a reacção
Vem celebrar esta situação e vamos cantar contra a reacção

E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino
E traz o pão e traz o queijo e traz o vinho
E vem o velho e vem o novo e o menino
A luta continua


Homens da luta - A luta é alegria
(Letra de Nuno Duarte / Música de Vasco Duarte)