25 xaneiro 2009

Reunión de xaneiro do Comité de Empresa

Temas tratados na reunión, mantida o día 14-01-2009:































Confirmación de que as gardas se actualizan co IPC.


O Comité decide solicitar a RRHH que confirme que a remuneración das gardas e traballos programados que se continúan facendo coas mesmas condicións que en Tele2 se actualicen co IPC acumulado de 2008, tal como recolle o acordo en vigor dende setembro de 2007.


Isto debería plasmarse na nómina de febreiro de 2009, na que se cobrarán as gardas e traballos levados a cabo durante xaneiro.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.



Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral coa empresa.


Na última reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral decidiuse que as súas funcións sexan asumidas directamente polo Comité de Empresa, que trasladará todas as cuestións relativas á seguridade e saúde laboral a RRHH e participará nas reunións, habitualmente trimestrais, que a empresa convoca para as ditas cuestións no ámbito da rexión Noroeste. Como primeira medida, o Comité de Empresa solicita a RRHH unha reunión para tratar os seguintes temas:




  • Malos cheiros nas oficinas de Bouzas por problemas na canalización de augas fecais.

  • Situación do aire acondicionado, calefacción, e ventilación nas oficinas do Datacenter e de Bouzas.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.




Recollida selectiva do lixo.


Solicítaselle a RRHH que faga unha comunicación ao cadro de persoal na que explique o uso dos distintos tipos de colectores para o lixo que hai nas oficinas, para que a separación sexa correcta. Tamén se pide a comprobación de que o servizo de limpeza deposita de forma separada os residuos recollidos nas oficinas.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.



Persoas sen seguro médico.


A situación debería estar normalizada despois de que se lle aplicase a cobertura do seguro con efectos do 1 de xaneiro a persoas que non a tiñan. Se alguén continúa sen seguro médico, recomendamos que nolo faga saber.



Performance Dialogue.


Fáiselle saber a RRHH que algúns grupos teñen pendente o Performance Dialogue, de maneira que aínda descoñecen os seus obxectivos.


Ver tamén Reunión de febreiro do Comité de Empresa.