12 novembro 2012

Folga xeral mércores 14 de novembro

O mércores 14 de novembro de 2012 está convocada unha folga xeral en todo o Estado español contra as políticas económicas decretadas polo goberno, que están a provocar unha maior contracción da economía, a parálise dos sectores produtivos, a destrución de emprego, a demolición dos servizos públicos esenciais e a súa progresiva privatización.
A convocatoria é compartida pola CIG, por UGT e por CCOO, e animámoste a que a secundes e axudes así a parar este continuo saqueo á clase traballadora.
Tamén Portugal, Italia, Chipre e Malta, países que están a sufrir reformas semellantes, irán á folga ese día.

Pola mañá haberá en Vigo unha manifestación na que tamén participarán os tres sindicatos, que sairá ás 11:30 horas da Praza de España e rematará na Praza de América. Estréase percorrido ante a previsión dunha asistencia masiva, xa que a Praza de América ten un aforo moi superior aos lugares escollidos tradicionalmente para rematar as manifestacións na cidade.


















Lembra:
Mércores ás 11:30 na Praza de España: manifestación
Mércores todo o día: folga xeral
Contra a explotación e o empobrecemento

+info